Se queredes mercar libros de teatro e non os dades atopado nas vosas librerías, probade en Yorick. Teñen moreas e moreas de textos e libros de técnica ou teoría. Son amables e rápidos nos envíos. Premede no enlace:http://www.libreriayorick.com/teatro/index.php
Aviso a todolos habitantes de Santiago, o día 25 de xullo, ousexa o día máis grande do ano para a cidade de Compostela, a compañía CARRACHANACACHA vai actuar no Festigal no Campus Universitario ás 7 da tarde. Non saquen os coches dos garaxes porque non vai haber quen se mova pola avalancha de xente que acudirá velos. Preme aquí: http://www.festigal.com
Hai tres libros de textos de teatro traducidos ó galego que foron editados por a Xunta de Galicia.Pareceronme moi interesantes e merqueinos o mes pasado. Os libros son: "Calígula" e "O Malentendido" de Albert Camus, "Cartas de amor a Stalin", "Himmelweg", e "A paz perpetua" de Juan Mayorga, "A Electra acáelle o loito" de Eugene O´Neill. Son de editorial Galaxia e custan 18€ cada un. Se vos gusta o bon teatro i en galego, aconsellovos que os compredes. Paga a pena.